Historia
En 1972 se inagura de mans de José Ramón Vázquez García ” Moncho o´Picado” ou “Moncho ou do Cabazo” e a súa esposa María Manuela Varela Criado” Sra. Manola”.
Naquela época, en pleno apoxeo industrial da comarca, este local familiar foi facéndose un lugar entre os máis tradicionais da cidade.
A súa decoración, as exquisitas tapas da Sra. Manola e o carisma de Moncho foron ingredientes determinantes para o éxito deste mesón.
Tras vinte e oito anos, foi reformado por Juan Ramón Vázquez Varela “ Juanra” , actual propietario e fillo dos fundadores. Xunto á súa muller, Dolores, soubo manter o espírito converténdoo nun pequeno museo representativo das constumbres tradicionais galegas
Hoxe en día, podemos seguir gozando das tapas máis típicas ás que foron incorporándose outras que xa entran a formar parte das características ofrecendo aos clientes unha estupenda opción á hora para comer .
As patacas bravas, creación da Sra. Manola , comparten a historia deste mesón desde os seus inicios. Hoxe, as súas variantes levan un respecto como fillas pequenas , as patacas verdes ou ao oli - oli comparten cartel con outros suculentos de sempre: callos a feira, tripas con patacas, lingua con tomate, albóndegas, espetada moura, luras á romana, chourizo caseiro, fígado e riles á prancha, salchicha con patacas. Son as tapas de sempre…
Outras se foron incorporando co paso dos anos ofrecendo unha alternativa aos clientes que obrigaron ha manter #o: Jibia á cazola, ensalada rusa, parrochitas e pementos de Padrón, variedade en tortillas, chourizo criollo ao albariño e revoltos varios.
Característicos son tamén comidas segundo tempadas. Se a pesca permíteo podemos atopar mexillóns, berberechos, bonito do norte con tomate . Pratos típicos segundo a data do ano : magosto, lacón con grelos, cachola e orella, etc.enriquecen de forma definitiva a rica gastronomía deste mesón.